Categoría: Sin categoría
Renovación de Xunta Directiva ALUD [05/08/2020 – 12/08/2020]
Prezados e prezadas Aluders:
Chegou o momento en que, estando todo en marcha e ben organizado, a plana maior da directiva vai deixar as súas funcións para dedicarse a outras cousas e por iso precisamos xentes responsable e motivada para continuar os seus labores:
– Presidente: representación, sinatura electrónica de documentos, promoción en redes sociais, trato con outros clubs, iniciativas que votar en asembleas, xestión de subvencións para o club
– Vicepresidente: o mesmo que o presidente, para así repartir tarefas
– Secretario: xestión de emails de altas-baixas, reenvío de facturas a tesourería e de solicitudes de licenzas á vogalía de licenzas/web, abertura de actas nas Asembleas e reunións da xunta directiva, comunicacións ao club (como esta!)
– Tesoureiro: altas-baixas dentro da remesa mensual, domiciliación da remesa, pago de facturas, seguimento de impagos, rendición de contas anual
– Vogalía de licenzas/web: altas de novas licenzas e renovación das vellas, emails sobre licenzas e actualizacións no sitio web
Dado que hoxe empregamos unha APP e que Joel nos asiste como traballador indefinido, ademais de outros vogais que non abandonan o seu posto e van axudar, resulta que o que no seu día levaba moito traballo, agora se simplificou a cuestión de 1 ou 2 horas por semana, menos en casos puntuais de picos, como cando veñen as renovacións de licenzas todas xuntas ou máis de 15 baixas-altas xuntas.
Como o club é de todos por igual e estes membros saíntes fixeron a súa parte nisto todo, deixamos unha semana ata o mércores 12 de agosto para recibir esas 4 candidaturas (necesarias por estatutos) por email a infoalud@gmail.com De non concurrir candidatos, explicaremos os pasos que teremos que adoptar para poder manter o club aberto e operativo xusto a continuación, convocando unha Asemblea Extraordinaria por cese da directiva.
Nada máis, esperamos que collades o listón coa mesma ilusión que o fixemos nós e que desfrutedes das posibilidades que tamén vos proporciona estar á cabeza dun club e das iniciativas posibles para o mesmo.
Un saúdo!
A Xunta Directiva
SISTEMA DE BONOS – Nova normalidade
Moi bo día aluders:
Tiñamos algo pendente e agora chegou o momento de retomalo: o uso dos bonos para socias e socios agora que traballamos con APP e as novas normas de uso do roco.
Seguiremos tendo dereito a 12 bonos por socio/ano polo mesmo prezo (5€ x bono). PERO para poder usalos é preciso cumprir 2 requisitos:
- Que a socia ou socio solicite día e hora para ese uso (1 hora e media na sala) con, polo menos 48 horas de antelación, indicando nome, apelidos e email do acompañante, de forma que podamos enviarlle unha «Invitación» desde a APP.
- Que o ou a acompañante estea federada ou teña un seguro privado (de día tamén) para ir usar a sala, xa que este sempre foi un tema que nos preocupou e desta forma todo o mundo (nós como club e os usuarios) está protexido.
CAMBIOS 25/07/2020 – Uso da sala na nova normalidade
Boa tarde a todo o mundo:
ZONAS 1-5 Inhabilitadas o xoves 2
Obras de instalación Sistema de Extracción
Bo día aluders, un pequeno aviso para dicirvos que mañá xoves 2 de xullo teremos obras todo o día na sala polo que recomendamos non ir.
Máis concretamente, as zonas 1 a 5 estarán inhabilitadas, na APP tamén por mor das obras de instalación do sistema de extraccón de aire no teito, polo que haberá po e ruido en boa parte do día.
Sentimos as molestias pero é algo necesario.
Un saúdo!
REAPERTURA DA SALA ALUD – Indicacións 2
ELEMENTOS NECESARIOS: roupa de entreno/gatos, mochila para meter a roupa de abrigo, botellín de auga e calquera outro efecto persoal, unha bolsa de plástico/lixo onde meter a mochila e o calazado da rúa ao entrar, magnesio líquido de uso individual e toalla persoa caso de usar a sección de bancos e pesas da sala (arriba).
COMO USAR A SALA PASO A PASO?
1.- Ao entrar á sala, e despois de hixienizar as mans, sacar o calzado e roupa de abrigo e metelo xunto coa propia mochila na bolsa de plástico/lixo e colocala no chan da entrada.
2.- Usar xel desinfectante para as mans antes de tocar os bancos, o tatami, o equipo de música, o pasamáns ou calquera superficie.
3.- EN CASO DE URXENCIA E USO DO BAÑO, lavar as mans con xabón antes de usalo e logo ao acabar para retomar a sesión na sección da sala reservada.
4.- Combinar o uso dos dispensadores de xel desinfectante da sala xunto co magnesio líquido durante o entrenamento; a vontade!
5.- Pasar unha fregona (sen empapar) á sección da sala usada ao acabar a sesión; hai 7 fregonas, unha por cada sección da sala + un trapo para superficies (ximnasio de pesas)
________
ANEXO
Aínda que pareza unha obviedade ESTÁ PROHIBIDO O USO DA SALA A CALQUERA QUE, NOS UTIMOS 15 DÍAS, ESTIVERA EN CONTACTO CON ALGUÉN CON SOSPEITA OU DIAGNÓSTICO CONFIRMADO DE COVID19 OU SE TES SOSPEITA DE QUE PODES TER INFECCIÓN POR CORONAVIRUS.
SE TES FEBRE, TOSE, DIARREA, PÉRDIDA DO GUSTO OU OLFACTO, COSULTA AO TEU MÉDICO E OBVIAMENTE NON VEÑAS Á SALA!
REAPERTURA DA SALA ALUD – Indicacións 1
Ola novamente:
Pois un pouco máis de información para non embarullar con todo xunto:
POR RESPONSABILIDADE COLECTIVA: NON VAIAS A SALA SE TES FEBRE, TOSE, DIFICULTADES RESPIRATORIAS, DIARREA, FALTA DE GUSTO/OLFACTO OU CALQUERA SÍNTOMA ASOCIADO AO COVID19
- Evitemos tocar e usar todos os espazos comúns e superficies, porque son o principal caldo de transmisión do virus. Manteñamos o foco posto na nosa zona de entrenamento e as mans limpas con xel + magnesio líquido (individual) en todo momento.
- Informamos que deshabilitaremos o acceso á APP/sala aos socios e socias que estean en activo e que non renovaran a licenza federativa como explicamos a finais de 2019 e recordamos en 2 ocasións a comezos de 2020, antes do confinamento.
- Cada usuaria/o debe ir coa roupa coa que entrenar e caso de levar unha cazadora ou roupa de abrigo por enriba, metela nunha mochila propia que irá, xunto co calzado, DENTRO da bolsa de plástico/lixo individual APOIADA no chan da entrada (non colocar no tatami nin nas colchos) mentres dure a sesión de entrenamento.
- Ademáis da limpeza diaria e do xel hidroalcohólico que proporcionamos na sala, CADA UN DE NÓS debemos levar o noso propio magnesio líquido ou escalaremos sen magnesio… está prohibido compartilo e se esquecemos o bote, os da limpeza diaria tirarán con el.
- Ao acabar de usar a nosa ZONA DE ENTRENAMENTO, debemos empregar unha das fregonas co seu caldeiro numerado para esa zona e PASALA ESCURRIDA a toda a zona para facilitar ao seguinte socio/a que non quede resto noso alí despois de caer ou suar e así evitar posibles contaxios.
Saúdos e seguimos en contacto
Anuncio: Reapertura ALUD
Boa noite a todo o mundo e boas novas: reabrimos… desde o luns día 15.
Non temos mandado moitas comunicacións pero si traballado moito para poder levar isto a cabo conforme á normativa, ás recomendacións sanitarias e coas maiores garantías.
Como podedes imaxinar, a sala xa NON será de libre disposición e aforo ilmitado como ata agora debido ás restricións e as precaucións que debemos ter, polo que vos adiantamos hoxe:
- A sala terá AFORO LIMITADO: MÁXIMO 7 PERSOAS que deben evitar o contacto físico entre SI, polo que estará dividida en 6 zonas de escalada (área de colchonetas) e a zona de arriba será o ximnasio de pesas para unha 7ª persoa.
- Teremos que ir xa cambiados porque QUEDA PROHIBIDO O USO DA DUCHA E OS VESTIARIOS e USO DO BAÑO ESTÁ ESTRICTAMENTE RESERVARDO PARA CASOS DE NECESIDADES URXENTES, LAVANDO AS MANS ANTES E DESPOIS DE USALO
- Temos unha APP da que vos chegará un convite mañá coa que poder reservar 1 hora e media de entreno SÓ de LUNS a VENRES con ata 72 h de antelación. As fins de semana estaremos pechados nin principio por NON PODER ASEGURAR o servizo de limpeza diario.
- NON retomaremos os cursos neste preciso momento, nin admitiremos novas socias nin socios da lista de espera ou xente que veña a probar a sala por primeira vez o con bonos ata ver como van as cousas para os socios e socias en activo.
- Joel xa equipou 50 pasos novos para todo o mundo e está todo pensando para volver DESFRUTAR do entreno, da resina e dos pasos de búlder.
Iso é todo hoxe! Mañá máis avisos e informacións.
Comunicado FGM Fase III da desescalada
Como xa manifestábamos no anterior Comunicado, comezamos unha lenta volta á normalidade, a denominada “desescalada”, a nivel xeral e deportivo no noso caso particular, como sabedes Galicia e unha das comunidades españolas que entrará na totalidade do seu territorio este 8 de xuño na denominada Fase III do desconfinamento gradual. Comeza o Goberno da Xunta de Galicia reasumindo as súas competencias dentro desta volta gradual a normalidade, tendo sempre en conta a excepcionalidade do complexo caso do Covid-19. Coa Xunta estamos a traballar intensamente nun protocolo para aplicar nas diferentes actividades da FGM e os clubs que a compoñen.
Xa vos adiantábamos en comunicacións anteriores a través da Web e Facebook, que seguimos a traballar con moitas ganas para poder voltar o antes posible a retomar a actividade deportiva, competicións, tecnificación, ensino, etc., o que temos que ter en conta sempre, e que os pasos que demos terán como primeiro obxectivo a “prática deportiva con seguridade”, dada a nosa preocupación polo tecido deportivo, os nosos deportistas e clubes.
Empezan a saír documentos como as Recomendacións post covid 19 para Deportes de Montaña e Instalacións Deportivas feitos pola FEDME e Federacións Autonómicas de Montaña orientados a complementar a información no ámbito deportivo, documentos do Ministerio de Cultura y Deporte, Consejo Superior de Deportes, etc., continuamos a manter contactos multilaterais por vías telefónicas ou telemáticas e video conferencia coa Xunta de Galicia, as Federacións deportivas autonómicas galegas, a FEDME e as Federacións de Montañismo das CCAA.
Dende o Ministerio de Cultura e Deporte, polo momento, insístese en que “Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social, nos términos que se determiñen”.
Na práctica deportiva para federados e necesario levar a Licencia Deportiva da Federación Galega de Montañismo do ano 2020, por si fora requerida pola autoridade competente.
A Federación seguirá informándovos como vimos facendo puntualmente das novas que nos cheguen por medio das canles oficiais, desexándovos o mellor nestes complicados momentos que esta a vivir, ata que sexan superados o antes posible.
Unha forte aperta, para todos os Montañeiros Galegos Federados e Clubs de Montaña, dende a FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO.
Recomendacións COVID-19 Deportes de Montaña durante a desescalada (FGM)

Charla coloquio ‘Futuro legal das actividades deportivas no medio natural: accidentes, seguros e rescates’
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento Charlas e seminarios
Entrada: De balde É necesaria reserva.
Modalidade Virtual
Impartida polo abogado especialista en dereito deportivo Alejandro López Sánchez
No marco das actividades da Aula de Formación Legal da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, desenvólvese a charla coloquio Futuro legal das actividades deportivas no medio natural: accidentes, seguros e rescates, impartida polo abogado especialista en dereito deportivo Alejandro López Sánchez.
A actividade celébrase de xeito non presencial no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo accedendo a través do seguinte link: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3080645866
Para obter a clave de acceso prégase remitir correo electrónico a decanatoxuridicas@uvigo.es onde se proporcionará o contrasinal para acceder como estudantado.