Bo día aluders, un pequeno aviso para dicirvos que mañá xoves 2 de xullo teremos obras todo o día na sala polo que recomendamos non ir.
Máis concretamente, as zonas 1 a 5 estarán inhabilitadas, na APP tamén por mor das obras de instalación do sistema de extraccón de aire no teito, polo que haberá po e ruido en boa parte do día. Sentimos as molestias pero é algo necesario.
ELEMENTOS NECESARIOS: roupa de entreno/gatos, mochila para meter a roupa de abrigo, botellín de auga e calquera outro efecto persoal, unha bolsa de plástico/lixo onde meter a mochila e o calazado da rúa ao entrar, magnesio líquido de uso individual e toalla persoa caso de usar a sección de bancos e pesas da sala (arriba).
COMO USAR A SALA PASO A PASO? 1.- Ao entrar á sala, e despois de hixienizar as mans, sacar o calzado e roupa de abrigo e metelo xunto coa propia mochila na bolsa de plástico/lixo e colocala no chan da entrada. 2.- Usar xel desinfectante para as mans antes de tocar os bancos, o tatami, o equipo de música, o pasamáns ou calquera superficie. 3.- EN CASO DE URXENCIA E USO DO BAÑO, lavar as mans con xabón antes de usalo e logo ao acabar para retomar a sesión na sección da sala reservada. 4.- Combinar o uso dos dispensadores de xel desinfectante da sala xunto co magnesio líquido durante o entrenamento; a vontade! 5.- Pasar unha fregona (sen empapar) á sección da sala usada ao acabar a sesión; hai 7 fregonas, unha por cada sección da sala + un trapo para superficies (ximnasio de pesas)
________ ANEXO
Aínda que pareza unha obviedade ESTÁ PROHIBIDO O USO DA SALA A CALQUERA QUE, NOS UTIMOS 15 DÍAS, ESTIVERA EN CONTACTO CON ALGUÉN CON SOSPEITA OU DIAGNÓSTICO CONFIRMADO DE COVID19 OU SE TES SOSPEITA DE QUE PODES TER INFECCIÓN POR CORONAVIRUS.
SE TES FEBRE, TOSE, DIARREA, PÉRDIDA DO GUSTO OU OLFACTO, COSULTA AO TEU MÉDICO E OBVIAMENTE NON VEÑAS Á SALA!
Pois un pouco máis de información para non embarullar con todo xunto:
POR RESPONSABILIDADE COLECTIVA: NON VAIAS A SALA SE TES FEBRE, TOSE, DIFICULTADES RESPIRATORIAS, DIARREA, FALTA DE GUSTO/OLFACTO OU CALQUERA SÍNTOMA ASOCIADO AO COVID19
Evitemos tocar e usar todos os espazos comúns e superficies, porque son o principal caldo de transmisión do virus. Manteñamos o foco posto na nosa zona de entrenamento e as mans limpas con xel + magnesio líquido (individual) en todo momento.
Informamos que deshabilitaremos o acceso á APP/sala aos socios e socias que estean en activo e que non renovaran a licenza federativa como explicamos a finais de 2019 e recordamos en 2 ocasións a comezos de 2020, antes do confinamento.
Cada usuaria/o debe ir coa roupa coa que entrenar e caso de levar unha cazadora ou roupa de abrigo por enriba, metela nunha mochila propia que irá, xunto co calzado, DENTRO da bolsa de plástico/lixo individual APOIADA no chan da entrada (non colocar no tatami nin nas colchos) mentres dure a sesión de entrenamento.
Ademáis da limpeza diaria e do xel hidroalcohólico que proporcionamos na sala, CADA UN DE NÓS debemos levar o noso propio magnesio líquido ou escalaremos sen magnesio… está prohibido compartilo e se esquecemos o bote, os da limpeza diaria tirarán con el.
Ao acabar de usar a nosa ZONA DE ENTRENAMENTO, debemos empregar unha das fregonas co seu caldeiro numerado para esa zona e PASALA ESCURRIDA a toda a zona para facilitar ao seguinte socio/a que non quede resto noso alí despois de caer ou suar e así evitar posibles contaxios.
Boa noite a todo o mundo e boas novas: reabrimos… desde o luns día 15.
Non temos mandado moitas comunicacións pero si traballado moito para poder levar isto a cabo conforme á normativa, ás recomendacións sanitarias e coas maiores garantías.
Como podedes imaxinar, a sala xa NON será de libre disposición e aforo ilmitado como ata agora debido ás restricións e as precaucións que debemos ter, polo que vos adiantamos hoxe:
A sala terá AFORO LIMITADO: MÁXIMO 7 PERSOAS que deben evitar o contacto físico entre SI, polo que estará dividida en 6 zonas de escalada (área de colchonetas) e a zona de arriba será o ximnasio de pesas para unha 7ª persoa.
Teremos que ir xa cambiados porque QUEDA PROHIBIDO O USO DA DUCHA E OS VESTIARIOS e USO DO BAÑO ESTÁ ESTRICTAMENTE RESERVARDO PARA CASOS DE NECESIDADES URXENTES, LAVANDO AS MANS ANTES E DESPOIS DE USALO
Temos unha APP da que vos chegará un convite mañá coa que poder reservar 1 hora e media de entreno SÓ de LUNS a VENRES con ata 72 h de antelación. As fins de semana estaremos pechados nin principio por NON PODER ASEGURAR o servizo de limpeza diario.
NON retomaremos os cursos neste preciso momento, nin admitiremos novas socias nin socios da lista de espera ou xente que veña a probar a sala por primeira vez o con bonos ata ver como van as cousas para os socios e socias en activo.
Joel xa equipou 50 pasos novos para todo o mundo e está todo pensando para volver DESFRUTAR do entreno, da resina e dos pasos de búlder.
Como xa manifestábamos no anterior Comunicado, comezamos unha lenta volta á normalidade, a denominada “desescalada”, a nivel xeral e deportivo no noso caso particular, como sabedes Galicia e unha das comunidades españolas que entrará na totalidade do seu territorio este 8 de xuño na denominada Fase III do desconfinamento gradual. Comeza o Goberno da Xunta de Galicia reasumindo as súas competencias dentro desta volta gradual a normalidade, tendo sempre en conta a excepcionalidade do complexo caso do Covid-19. Coa Xunta estamos a traballar intensamente nun protocolo para aplicar nas diferentes actividades da FGM e os clubs que a compoñen.
Xa vos adiantábamos en comunicacións anteriores a través da Web e Facebook, que seguimos a traballar con moitas ganas para poder voltar o antes posible a retomar a actividade deportiva, competicións, tecnificación, ensino, etc., o que temos que ter en conta sempre, e que os pasos que demos terán como primeiro obxectivo a “prática deportiva con seguridade”, dada a nosa preocupación polo tecido deportivo, os nosos deportistas e clubes.
Empezan a saír documentos como as Recomendacións post covid 19 para Deportes de Montaña e Instalacións Deportivas feitos pola FEDME e Federacións Autonómicas de Montaña orientados a complementar a información no ámbito deportivo, documentos do Ministerio de Cultura y Deporte, Consejo Superior de Deportes, etc., continuamos a manter contactos multilaterais por vías telefónicas ou telemáticas e video conferencia coa Xunta de Galicia, as Federacións deportivas autonómicas galegas, a FEDME e as Federacións de Montañismo das CCAA.
Dende o Ministerio de Cultura e Deporte, polo momento, insístese en que “Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social, nos términos que se determiñen”.
Na práctica deportiva para federados e necesario levar a Licencia Deportiva da Federación Galega de Montañismo do ano 2020, por si fora requerida pola autoridade competente.
A Federación seguirá informándovos como vimos facendo puntualmente das novas que nos cheguen por medio das canles oficiais, desexándovos o mellor nestes complicados momentos que esta a vivir, ata que sexan superados o antes posible.
Unha forte aperta, para todos os Montañeiros Galegos Federados e Clubs de Montaña, dende a FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO.
Data de celebración: 28 de maio ás 18:30
Dirixido a Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo
Organiza Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Lugar Campus Remoto da Universidade de Vigo
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende 36310 Vigo España
Tipo de evento Charlas e seminarios
Entrada: De balde É necesaria reserva.
Modalidade Virtual
Impartida polo abogado especialista en dereito deportivo Alejandro López Sánchez
No marco das actividades da Aula de Formación Legal da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, desenvólvese a charla coloquio Futuro legal das actividades deportivas no medio natural: accidentes, seguros e rescates, impartida polo abogado especialista en dereito deportivo Alejandro López Sánchez.
Para obter a clave de acceso prégase remitir correo electrónico a decanatoxuridicas@uvigo.es onde se proporcionará o contrasinal para acceder como estudantado.
Temos previsto reabrila Sala (en principio salvo cambios), no mes de xuño(inda non concretamos se o principio ou mediados). A todos nos está costando ter paciencia e aguantar, pero temos que tela e aguantar, dende a directiva creemos que é unha situacion moi complexa e grave (custounos poder revolvernos e organizarnos), pero estivemos traballando para adaptarnos as novas circunstancias (aforo máximo, limpeza, seguridade, protocolos e procurar que todo isto se cumpra).
A volta pese a toda a organización e traballo, tampouco vai ser cómoda: vai haber un aforo máximo de 6/7 persoas por cada 1,5 horas. Os vestiarios van estar inhabilitados. Haberá que facer reserva de hora por unha APP. Intensificamos os contratos de limpeza, así como un sistema pediluviano (lavasolas de zapatos) na entrada. Haberá tamén dispensadores de xel hidroalchólico, e varias fregonas para que cada un hixienice a súa zona de uso
As colchos serán só para caer e non para tumbarse ou facer outro tipo de exercicios (como antes no tatami). Estamos tamén pensando en obrar e por extracción forzada de aire .As cousas non son nin van ser fáciles, e só co voso apoio e o esforzo na observancia das normas por parte de todas e todos poderemos cumprir e usar a sala con seguridade.
Os nosos sanitarios están traballando no protocolo que seguir… por suposto, como espazo pechado que somos, as presas e os plafóns considéraranse como zonas de transmisión polo que antes e despois de escalar (e mesmo durante), hixienizade as mans con xel hidroalcohólico ….
Nunca, queridos Galos 🧗♂️pensamos que nos caese o ceo️️️ sobre a cabeza, pero estamos preto e temos que tomalo moi en serio!!!! Sexamos hiperescrupulosos unha temporada. Contamos con vos e o voso apoio, coa vosa comprensión e paciencia♂️♀️♂️♀️🏽♀️♂️🏻♂️ tamén cara esta directiva que traballa para vós con todo o seu empeño. Forza chavalada!!!! SEMPRE UN PASO ADIANTE
9,10,11,12 Abril MulticinesNorte Vigo, unhas cantas pelis de Montaña…en breve toda a Info…Montañeiros Celtas organiza, e nos metemos a patiña Lo mejor del Bilbao Mendi Film Festival *Sorteo de prendas Ternua