Autor: Daniel Pereira
Renovación de Xunta Directiva ALUD [05/08/2020 – 12/08/2020]
Prezados e prezadas Aluders:
Chegou o momento en que, estando todo en marcha e ben organizado, a plana maior da directiva vai deixar as súas funcións para dedicarse a outras cousas e por iso precisamos xentes responsable e motivada para continuar os seus labores:
– Presidente: representación, sinatura electrónica de documentos, promoción en redes sociais, trato con outros clubs, iniciativas que votar en asembleas, xestión de subvencións para o club
– Vicepresidente: o mesmo que o presidente, para así repartir tarefas
– Secretario: xestión de emails de altas-baixas, reenvío de facturas a tesourería e de solicitudes de licenzas á vogalía de licenzas/web, abertura de actas nas Asembleas e reunións da xunta directiva, comunicacións ao club (como esta!)
– Tesoureiro: altas-baixas dentro da remesa mensual, domiciliación da remesa, pago de facturas, seguimento de impagos, rendición de contas anual
– Vogalía de licenzas/web: altas de novas licenzas e renovación das vellas, emails sobre licenzas e actualizacións no sitio web
Dado que hoxe empregamos unha APP e que Joel nos asiste como traballador indefinido, ademais de outros vogais que non abandonan o seu posto e van axudar, resulta que o que no seu día levaba moito traballo, agora se simplificou a cuestión de 1 ou 2 horas por semana, menos en casos puntuais de picos, como cando veñen as renovacións de licenzas todas xuntas ou máis de 15 baixas-altas xuntas.
Como o club é de todos por igual e estes membros saíntes fixeron a súa parte nisto todo, deixamos unha semana ata o mércores 12 de agosto para recibir esas 4 candidaturas (necesarias por estatutos) por email a infoalud@gmail.com De non concurrir candidatos, explicaremos os pasos que teremos que adoptar para poder manter o club aberto e operativo xusto a continuación, convocando unha Asemblea Extraordinaria por cese da directiva.
Nada máis, esperamos que collades o listón coa mesma ilusión que o fixemos nós e que desfrutedes das posibilidades que tamén vos proporciona estar á cabeza dun club e das iniciativas posibles para o mesmo.
Un saúdo!
A Xunta Directiva
SISTEMA DE BONOS – Nova normalidade
Moi bo día aluders:
Tiñamos algo pendente e agora chegou o momento de retomalo: o uso dos bonos para socias e socios agora que traballamos con APP e as novas normas de uso do roco.
Seguiremos tendo dereito a 12 bonos por socio/ano polo mesmo prezo (5€ x bono). PERO para poder usalos é preciso cumprir 2 requisitos:
- Que a socia ou socio solicite día e hora para ese uso (1 hora e media na sala) con, polo menos 48 horas de antelación, indicando nome, apelidos e email do acompañante, de forma que podamos enviarlle unha «Invitación» desde a APP.
- Que o ou a acompañante estea federada ou teña un seguro privado (de día tamén) para ir usar a sala, xa que este sempre foi un tema que nos preocupou e desta forma todo o mundo (nós como club e os usuarios) está protexido.
CAMBIOS 25/07/2020 – Uso da sala na nova normalidade
Boa tarde a todo o mundo: