| Grupo de Montaña ALUD | jue., 21 may. 8:48 |
Benqueridos socios e socias de Alud:
Temos previsto reabrila Sala (en principio salvo cambios), no mes de xuño(inda non concretamos se o principio ou mediados). A todos nos está costando ter paciencia e aguantar, pero temos que tela e aguantar, dende a directiva creemos que é unha situacion moi complexa e grave (custounos poder revolvernos e organizarnos), pero estivemos traballando para adaptarnos as novas circunstancias (aforo máximo, limpeza, seguridade, protocolos e procurar que todo isto se cumpra).
A volta pese a toda a organización e traballo, tampouco vai ser cómoda: vai haber un aforo máximo de 6/7 persoas por cada 1,5 horas. Os vestiarios van estar inhabilitados. Haberá que facer reserva de hora por unha APP. Intensificamos os contratos de limpeza, así como un sistema pediluviano (lavasolas de zapatos) na entrada. Haberá tamén dispensadores de xel hidroalchólico, e varias fregonas para que cada un hixienice a súa zona de uso
As colchos serán só para caer e non para tumbarse ou facer outro tipo de exercicios (como antes no tatami). Estamos tamén pensando en obrar e por extracción forzada de aire .As cousas non son nin van ser fáciles, e só co voso apoio e o esforzo na observancia das normas por parte de todas e todos poderemos cumprir e usar a sala con seguridade.
Os nosos sanitarios están traballando no protocolo que seguir… por suposto, como espazo pechado que somos, as presas e os plafóns considéraranse como zonas de transmisión polo que antes e despois de escalar (e mesmo durante), hixienizade as mans con xel hidroalcohólico ….
Nunca, queridos Galos 🧗♂️pensamos que nos caese o ceo️
️
️ sobre a cabeza, pero estamos preto e temos que tomalo moi en serio!!!! Sexamos hiperescrupulosos unha temporada. Contamos con vos e o voso apoio, coa vosa comprensión e paciencia
♂️
♀️
♂️
♀️
🏽♀️
♂️
🏻♂️ tamén cara esta directiva que traballa para vós con todo o seu empeño. Forza chavalada!!!!
SEMPRE UN PASO ADIANTE



